9/11/23

SEMENTEIRAS DE CURIOSIDADE CIENTÍFICA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Sabiades que desde a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüistica, vense impulsando a celebración anual do mes de novembro como o MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

Na nosa biblioteca temos moitos exemplares para degustar a ciencia. Este ano baseado no noso proxecto UNHA VIAXE NO TEMPO, máis concretamente no pasado. temos unha nova incorporación que engadiremos a nosa gran colección relacionada con esta temática. 


É moi importante a nosa participación activa, e o grande activador é a curiosidade. Déixovos aquí unha mostra de todo o que estamos a experimentar. 



Parabéns pequen@s científic@s!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario