10/11/23

DÍA MUNDIAL DA CIENCIA PARA A PAZ E O DESENVOLVEMENTO.

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe conmemórase o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento. Os pequen@s do cole están mans á obra traballando o conto "Ada magnífica, científica". De volta na nosa VIAXE POLO TEMPO coñecemos á protagonista desta historia que colle o seu nome de dúas grandes científicas. Marie Curie, cuxo traballo conduciu á invención dos raios X, e a matemática Ada Lovelace, recoñecida como a primeira programadora de ordenadores. Ada Magnífica, científica móstranos a unha nena que ten un desexo insaciable de atopar respostas a todas as súas preguntas. 

Espero que con esta actividade, do mesmo xeito que Ada, experimentedes co proceso para conseguilas: pensar, preguntar, ensaiar e eliminar... facendo fincapé no uso responsable da ciencia en beneficio das sociedades e na erradicación da probreza e das desigualdades.





No hay comentarios:

Publicar un comentario