5/11/23

Halloweeen- Samaín

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Ao longo de toda a semana celebramos o Samaín e o Halloween. Decoramos o cole con diferentes monstros, apócemas, bruxas e lápidas que tod@s creastes nas vosas casas. Grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

O luns tivemos unha xornada de lecturas compartidas, onde os maiores do cole fixeron desfrutar aos máis pequenos con contos de medo que temos na nosa biblioteca. Tamén vivimos unha experiencia terrorífica na aula temática que preparamos para a ocasión.

O martes escribimos os nosos medos e entregámosllos á bruxa quitamedos coa encarga de que nos fixera un conxuro para facelos desaparecer.

O xoves e venres resolvemos o estraño caso do esqueleto Eustaquio.  De volta ao futuro metémonos de cheo nun break out con escornabots, tabletas, códigos qr e enigmas matemáticos onde debiamos atopar os ósos do esqueleto e rematar coa maldición. 

Déixovos unha pequena mostra do ben que o pasamos. Tedes que premer en cada imaxe para ver os distintos vídeos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario