Ola, Curuxiñalector@s!
Así de bonita quedou a entrada á biblio cos vosos bookface. Encheuse de creatividade, imaxinación e moitas ganas de ler grazas aos marabillosas creacións que fixestes na casa.
Cada proposta é única e especial: combinacións sorprendentes entre portadas de libros e caras, escenas cheas de humor e outras que parecen auténticas obras de arte. Nótase o esforzo e o cariño que puxestes en cada fotografía!
Agora, ao entrar na biblio, atopámonos cun espazo moito máis vivo, que invita a parar, mirar… e, por suposto, coller un libro.
Moitas grazas pola vosa participación e por facer da nosa biblioteca un lugar tan especial. Seguide creando, lendo e sorprendéndonos!
A biblio medra con vós!

No hay comentarios:
Publicar un comentario