24/4/26

DESCUBRINDO LECTURAS COS BOOKTUBERS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Continuamos cos booktubers e as súas recomendacións lectoras. Se algo nos quedou claro nos últmos anos é que a forma de descubrir libros cambiou por completo. Xa non dependemos unicamente dos suplementos culturais ou das recomendacións na librarías: agora, plataformas como YOUTUBE convertéronse en auténticos escaparates literarios. E aí é onde entran en xogo os booktubers. Nesta nova entrega, seguimos explorando algúns dos canais máis interesantes dedicados á lectura, onde a paixón polos libros se contaxia a través da pantalla. Unha das claves do èxito é a proximidade. Non falan dende un pedestal, senón como lles fixo sentir.

Nas vindeiras entradas seguiremos descubrindo novos perfís, e quen sabe, quizais atopes ese cana que te acompañe na túa próxima aventura literaria.




No hay comentarios:

Publicar un comentario