Bo día, Curuxiñalector@s!
Co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, quixen preparar unha pequena selección de contos para compartir co alumnado. A lectura é unha ferramenta moi poderosa para educar na igualdade, para abrir conversas e para axudar ás nenas e aos nenos a comprender que todas as persoas teñen os mesmos dereitos e oportunidades.
Nesta ocasión elixín álbums ilustrados e contos que falan de mulleres e nenas valentes, historias que mostran diversidade, esforzo, amizade e superación. Libros que os lembran que cada persoa pode atopar o seu propio camiño e cumprir os seus soños.
Estas recomendacións conectan coa idea de ter os pés na terra. As historias que compartimos non só falan de soñar, senón tamén de camiñas paso a paso, de coñecer o mundo que nos rodea e de construír unha sociedade máis xusta desde o día a día. Porque educar en igualdade significa precisamente iso: Cos pés na terra, observar a realidade, cuestionar estereotipos e aprender a respectar e valorar todas as persoas.
A través destes contos, os nenos e nenas poden descubrir referentes femininos, historias inspiradoras e personaxes que rompen moldes, entendendo que cada pequeno paso conta, igual que cando camiñamos e deixamos pegadas no chan, tamén as nosas accións poden deixar pegadas positivas no mundo.
.png)
No hay comentarios:
Publicar un comentario