7/3/26

DO FÍO AO LÁSER: MANS QUE CRAN COS PÉS NA TERRA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Esta semana tivemos no centro un obradoiro moi especial no que o alumnado puido experimentar coa costura creativa e coa cortadora láser, combinando técnicas tradicionais con ferramentas tecnolóxicas. Foi unha actividade na que a creatividade, a colaboración e a aprendizaxe prática tiveron un papel protagonista.

Durante o taller os nenos e nenas de 6º tiveron a oportunidade de deseñar e elaborar diferentes pezas, explorando materiais, formas e posibilidades. por unha banda, traballaron a costura creativa, aprendendo a manexar tecidos e a desenvolver pequenas creacións propias. Por outra, coñeceron o funcionamento da cortdora láser, unha ferramenta que lles permitio cortar e gravar pezas con gran precisión para completar os seus proxectos.

Esta experiencia enmárcase dentro do noso PDI "Cos pés na terra", xa que nos invita a reflexionar sobre a importancia de valorar o traballo manual, os oficios e a relación cos materiais que empregamos. Ao mesmo tempo, permitiunos conectar esas aprendizaxes máis tradicionais coa innovación e coa tecnoloxía demostrando que poden camiñar da man.

Ademais de desenvolver habilidades técnicas, o alumnado traballou a planificación, a resolución de problemas e o gusto por crear coas propias mans, sempre mantendo esa idea de aprender cos pés na terra, observando, experimentando e contruíndo.










No hay comentarios:

Publicar un comentario