1/12/25

RETO CREATIVO CURULEGO

Bo día, Curuxiñalector@s!

Este mes, temos unha nova proposta creativa na nosa biblioteca: o "Reto Curulego"! Habilitamos un espazo especial onde os pequenos e pequenas poderán crear adornos navideños utilizando LEGO. 

Os participantes terán a opción de seguir unha plantilla ou deixar voar a súa imaxinación para deseñar os seus propios adornos. É unha oportunidade perfecta para combinar diversión e creatividade, ao tempo que se celebra a maxia do Nadal.

Animamos a tod@s a participar e a compartir as creacións! Se precisades máis información, non dubidedes en preguntar. 


List@s para deixar fluir a vosa creatividade?





No hay comentarios:

Publicar un comentario