Bo día, Curuxiñalector@s!
Hoxe tivemos unha sesión emocionante con outro grupo do Club de Lectura, onde os pequenos e pequenas tiveron que adiviñar o título do libro que lerán. Para axudalos, proporcionamos unhas pistas divertidas:
- As axudantes da curuxiña íamos vestidas con capas negras e roxas.
- O lugar onde nos encontrabamos era especial para a ocasión.
- Mostramos unha fotografía dun insecto, que seguro que chamou a súa atención.
Para rematar, regalámoslles a todos unha dentadura postiza de chuche, que fixo a sesión aínda máis sorprendente! Por que será?
Foi unha gran forma de fomentar a curiosidade e a emoción pola lectura. Estade atent@s para descubrir que libro será!




No hay comentarios:
Publicar un comentario