Bo día, Curuxiñalector@s!
Neste último encontro do Club de Lectura de 6ºA, os Voadores trouxeron titulos de libros do que lle suxeriron as pistas anteriores. Ninguén foi capaz de adiviñar, a pesar de que se achegaban cada vez máis á resposta correcta. A emoción no aire era palpable!
Despois de desvelalo, iniciamos unha animada conversa sobre as primeiras impresións que lles suxería. Os nenos e nenas compartiron ideas e suposicións sobre a trama e os personaxes, creando un ambiente de curiosidade e expectación.
Quedamos en vernos de novo á volta do Nadal, list@s para explorar xunt@s as aventuras que nos agardan nas páxinas do novo libro.
Que comencé a lectura da Señorita Buble!!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario