Bo día, Curuxiñalector@s!
Neste Nadal, quixen compartir con vós unha guía de lectura especial que inclúe recomendacións de libros e xogos creativos, todos eles relacionados co noso Proxecto Educativo de Centro. Esta guía está dispoñible en galego, castelán e inglés, para que todos poidades gozar das lecturas!
Na vosa carta ao Apalpador, non esquezades pedir algo tan divertido como o que temos na nosa biblioteca. Os libros son unha porta a mundos mágicos e, con estes xogos creativos, a diversión está asegurada!
Ademais, os libros que seleccionei no PDI non só fomentan a lectura, senón que tamén promoven valores de sostenibilidade. A través das súas historias, aprendemos a coidar do medio ambiente e a crear unha vila máis sostible, inspirando a ser cidadáns responsables.
Aproveitade esta ocasión para mergullarvos no marabilloso mundo da lectura.
Bo Nadal a tod@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario