Bo día, Curuxiñalector@s!
Estamos de noraboa! Esta semana demos o pistoletazo de saída aos nosos Recreos Creativos na biblioteca, unha iniciativa que nos enche de ilusión e que xa ven sendo un éxito entre o alumnado.
Esquece os recreos aburridos! Agora, a nosa biblioteca ábrese para converterse nun espazo dinámico e cheo de posibilidades, onde a diversión se mestura coa aprendizaxe e o compromiso. Son momentos de lecer nos que, ademais de gozar da calma e a maxia dos libros, propoñemos actividades lúdicas e educativas directamente relacionadas co noso Proxecto Documental Integrado Cos Pés na terra e, por suposto, cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
É unha oportunidade fantástica para que o alumnado explore, cree, xogue e reflexione sobre a importancia de coidar o noso planeta e as persoas que nel habitamos, todo isto nun ambiente relaxado e inspirador.
Con esta iniciativa, queremos que a nosa biblioteca sexa cada día máis un lugar de encontro, de descubrimento e de acción. Un espazo onde a lectura e a información nos axuden a poñer os nosos "pés na terra" e a construír un futuro mellor.
Agardovos nos próximos Recreos Creativos! Non vos quededes sen probar esta nova aventura!

No hay comentarios:
Publicar un comentario