23/9/25

IDENTIFICADORES PARA OS NOSOS BIBLIORECREOS

Bo día, Curuxiñalector@s!

Como sabedes, os meus Recreos Creativos (ou "Bibliorecreos", como nos gusta chamalos!) están sendo un éxito rotundo. A biblioteca énchese de enerxía, creatividade e moitas ganas de aprender e explorar. Para que todo funcione aínda mellor e poidamos gozar ao máximo deste tempo na biblioteca, temos unha pequena novidade que vos vai encantar: xa temos listos os novos identificadores para cada curso!

Como funcionan?

É moi sinxelo! A partir de agora, cada edificio terá un identificador visual que indicará de forma clara e rápida o día que lle corresponde vir á biblioteca durante o recreo. Así, cada un saberá exactamente cando é o seu turno para vir e participar nas actividades.

Quero que a biblioteca siga sendo ese espazo máxico e dinámico onde Cos pés na Terra descubriredes e crearedes. Estes novos identificadores son un paso máis para facer que os nosos bibliorecreos sexan aínda máis especiais e ben organizados.

Agardámosvos na biblio! Non vos perdades a vosa quenda!



No hay comentarios:

Publicar un comentario