Bo día, Curuxiñalector@s!
O prometido e débeda! Como vos prometera, hoxe queda no blog un vídeo con todas as recreacións de portadas que recibín no meu correo ao longo da semana do libro. Son todas incríbles! Sodes uns artistas!
Agora teño por diante un duro traballo. Xunto coas miñas profes axudantes vou escoller 4, unha de cada ciclo, que levarán un pequeno agasallo. Pero non vos preocupedes! Todos e todas recibiredes un pequeno detalle só por participar.
Estade moi atentos e atentas porque en nada publicarei no blog os gañadores e gañadoras! Aínda que tod@s o merecedes! Que difícil! Moitas grazas pola vosa participación e esforzo! e... MOITA SORTE!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario