Bo día, Curuxiñalector@s!
Seguimos con "Contos en Familia" na Biblioteca. Esta actividade está sendo un auténtico éxito e cada día trae novas sorpresas.
As mamás, papás e outros familiares están a vir a ler contos aos nenos e nenas, creando un ambiente cheo de maxia e diversión. É marabilloso ver como as historias cobran vida a través das súas voces, e como os pequenos e pequeñas se deixan levar pola imaxinación.
Queremos agradecer a todas as familias que participan e fan posible esta actividade tan especial. A lectura é unha forma estupenda de conectar e aprender xuntos e xuntas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario