25/4/25

LER POR PRACER!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe tivemos unha reunión moi especial no noso Club de Lectura. Nesta sesión decidimos ler  e desde o momento en que comezamos, cada un quedou atrapado na historia. Despois de compartir as nosas partes favoritas do libro, mergullámonos no mundo do origami, das geishas e dos deportistas de sumo. 

Foi divertido ver como cada un interpretaba a misión de maneira diferente. 

Pero iso non foi todo! Tamén estivemos preparando a visita do autor do libro, que virá ao noso cole o 6 de maio. Estamos emocionadísimos por poder coñecer ao autor e preguntarlle sobre a súa inspiración e o proceso de escritura. Será unha oportunidade única!

Ler por pracer xuntos e xuntas é unha forma marabillosa de conectar e disfrutar da literatura!




 


No hay comentarios:

Publicar un comentario