24/4/25

CONTOS POR BICOS

 Ola, Curuxiñalector@s!

Hoxe na biblioteca e na selva das letras, tivemos unha visita moi especial. Unhas mamás de nenos de infantil viñeron a ler contos para todos nós! A cambio, os pequenos e pequenas ofrecían bicos como agradecemento. As historias eran fermosas e cada un dos contos estaba cheo de aventuras que fixeron que todos nos emocionásemos. Foi unha experiencia encantadora e máxica. Os nenos e nenas estaban encantados de participar, e cada bico que daban era un símbolo do amor pola lectura. Foi marabilloso ver como se creaba ese ambiente tan cálido e divertido.

Grazas a todas as mamás por compartir a súa paixón pola lectura con nós. ¡A lectura é un tesouro que debemos seguir compartindo! 






No hay comentarios:

Publicar un comentario