Bo día, Curuxiñalector@s!
Como xa sabedes estes días estivemos a conmemorar a semana da prensa. Que ben o pasaron os pequen@s do cole manipulando xornais, familiarizándose coas súas cores, texturas, tipo de papel, letras, imaxes, etc. Ademais, fixeron unha preciosa manualidade na que se representaron a sí mesm@s lendo unha noticia.
Grazas pola vosa participación na #SemanaDaPrensa meus pequen@s Curuxiñ@s!
Estade todos moi atent@s ao blog porque en nada dareivos a coñecer moitas máis novidades do traballado sobre esta temática. Vémonos pronto e recordade vir visitarme á biblioteca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario