Ola, Curuxiñalector@s!
Hoxe tivemos no cole unha visita moi especial. Viñeron as mamás de varios compañeir@s de infantil para ensinarnos a preparar roscas doces. Como xa sabedes, estamos moi entusiasmados e entusiasmadas coa nosa profesión de pasteleir@s. Sempre é benvida todo tipo de axuda que nos brinden as familias para coñecer novas receitas e elaboracións artesanais.
Na nosa vila Magdalena traballamos por inculcar aos nosos nenos e nenas un espírito emprendedor e autónomo, ensinándolles habilidades que serán esenciais na súa vida. Ademais buscamos difundir as nosas tradicións, como neste caso, a través desta receita que foi pasando de xeración en xeración. Para facela, tamén empregamos produtos locais e de tempada fomentando unha sociedade comprometida co desenvolvemento sostible.
Sempre é un pracer recibir ás familias na escola.
#FamiliaNaEscola #EscolaAbertaAComunidade
No hay comentarios:
Publicar un comentario