Ola, Curuxiñalector@s!
Hoxe estou un pouco triste. O outro día recibín unha chamada dun dos meus amigos que vive no Ártico. Contoume que o seu hábitat está desaparecendo. Eu quíxen axudalo e pedíndlles colaboración aos pequen@s de 5º de infantil. Aproveitando que era o día internacional da muller e a nena na ciencia estivemos lendo os estudos da científica galega Alba Aguión e descubrimos que o cambio climático cada día é unha realidade maior. Facendo click na seguinte imaxe déixovos un vídeo moi chulo con todo o que averiguamos sobre o desxeo dos polos e o que está acontecendo no Ártico. Para que tamén escoitedes con atención, de fondo óese unha fermosa canción titulada "Elegy for the Artic" que Ludovico Einaudi compuxo inspirándose no Ártico.
Xa sabedes que o cambio climático e cousa de tod@s, e por iso, sempre son tan pesada cos obxectivos da axenda 2030 para que os habitantes da nosa Vila Magdalena velen polo noso planeta. Hai que poñerse as pilas curuxiñ@s!
#CoidarDoNosoPlanetaÉResponsabilidadeDeTod@s
No hay comentarios:
Publicar un comentario