Bo día, Curuxiñalector@s!
Como xa sabedes, o 23 de febreiro dedícase o día a Rosalía de Castro. A nosa grande poetisa galega que levou a nosa fala polo mundo, alá polo século XIX. Nesta morea de anos que pasaron, todo cambiou moitísimo, mais sempre é posible mesturar o tradicional co moderno, e para mostra esta lousa. Como vedes trátase dunha peza propia dos tellados galegos, combinada coas novas tecnoloxías das que dispoñemos no noso cole. Este grabado está feito cunha cortadora-gravadora láser. Gústavos? Estade atentos porque hai máis sorpresas para homenaxeala.
#DíaDeRosalía 23F
No hay comentarios:
Publicar un comentario