29/11/24

XA CHEGA O NADAL

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Xa non queda nada para que remate o ano, e eu só espero que esteades a gozar moito de todas as novidades que incorporamos. Cada vez que vides e vexo as vosas caras de felicidade sei que mereceu a pena tanto traballo e prometo seguir traéndovos actividades chulas para aprender mentres nos divertimos buscando sempre unha educación de calidade tal e como se pide nos obxectivos da axenda 2030. 

Este último mes do ano, decembro, tráenos unha das épocas máis máxicas, o Nadal. Aínda quedan 25 días para que chegue, e a este tempo de espera o chamamos Advento. Para que non se faga tan longa propóñovos un reto literario. Moi atentos ao seguinte vídeo para descubrir en que consiste!


#25DíasParaoNadal



Por se queredes ver o exemplo e analizalo ben déixovos unha imaxe para axudarvos. Moito ánimo!

  



No hay comentarios:

Publicar un comentario