Patria, Minerva e María Teresa, coñecidas como "As Bolboretas", non loitaron soamente pola liberdade do seu país senón que sementaron para ter un futuro máis xusto.
O 25 de novembro de 1960, a loita que encabezaron tivo un tráxico final. Pero, lonxe de silencialas a morte das irmás acendeu a chama da indignación colectiva proclamándose así símbolos inmortais de resistencia e xustiza.
Hoxe, na honra a "AS BOLBORETAS" conmemoramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller facendo bolboretas e decorando o noso colexio, inspirando cada día a millóns de mulleres en todo o mundo a alzar a súa voz.
No hay comentarios:
Publicar un comentario