Bo día, Curuxiñalector@s!
En 1977 a Organización das Nacións Unidas aprobou unha resolución pola que se declarou o 8 de marzo Día Internacional da Muller. Na nosa viaxe polo tempo descubrimos que o 8 de marzo de 1857, centos de traballadoras da industria téxtil alzaron a voz e manifestáronse por primeira vez en contra dos baixos salarios e as condicións inhumanas de traballo.
Déixovos unhas recomendacións lectoras de mulleres que loitaron polo sufraxio feminino e contra a escravitude sexual, e contos que reivindican o papel da muller na sociedade e protestan contra a desigualdade de xénero que aínda existe hoxe en día.
No hay comentarios:
Publicar un comentario