Bo día, Curuxiñalector@s!!
Sabiades que xa na época de Julio César, hai moitísmos anos, informábase aos cidadáns sobre as cousas de interese que ocorreran ou das que ían a suceder en pouco tempo nun foro chamado Acta diúrna?
Sabiades que os chineses no século VII, xa propagaban regularmente unha especie de manuscrito en papel con noticias consideradas de interese público e xeral?
NA NOSA VIAXE NO TEMPO, descubrimos que en 1440, Johannes Gutenberg inventou a prensa da imprenta moderna. Un dispositivo que permitía realizar rapidamente moitas copias dun escrito. Isto facilitaría que o xornal como medio de comunicación de masas puidese aparecer uns anos maís tarde.
Os nenos e nenas de 4º puxeron nas rotativas A VOZ DO COLEXIO. Aquí vos deixo a mostra do ben que o fixeron e pasaron. Parabéns pequen@s xornalistas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario