28/1/26

IMAXINACIÓN EN ACCIÓN

Ola,Curuxiñalector@s!

Hoxe tivemos unha nova sesión do club de lectura de 6º A, onde os Voador@s de Libros tiveron a oportunidade de desenvolver a súa imaxinación e creatividade. A actividade consistiu en debuxar a Nefertiti, a gata da señorita Bubble, un personaxe fascinante que captou a atención de tod@s.

Os rapaces e rapazas mergulláronse na historia e deixaron voar a súa inventiva, creando debuxos cheos de cor e personalidade. Foi unha experiencia divertida que non só fomentou a lectura, senón que tamén animou ao alumnado a expresar as súas ideas de xeito artístico. 






SESIÓN FORMATIVA DE RECICLAXE

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Onte, tivemos a oportunidade de participar nunha sesión formativa sobre o uso correcto dos contedores de reciclaxe, organizada por Sogama e Ancaria. Durante a charla, aprendimos a importancia de separar correctamente os residuos e a contribución que cada un de nós pode facer para coidar do medio ambiente. 

A sesión incluíu exemplos prácticos e actividades interactivas que nos axudaron a entender mellor como reciclar de maneira efectiva. Esperamos que esta formación inspire a todos a adoptar hábitos de reciclaxe máis responsables na nosa comunidade!



26/1/26

AS VOSAS SUXESTIÓNS CHEGARON Á BIBLIO!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Xa teño aquí as peticións que deixastes no niño! Animo a tod@s a achegaros á biblioteca para recoller as  seleccións. 

Non olvidedes que sempre podedes deixar máis suxestións para seguir enchendo os andeis de lecturas interesantes. A vosa participación é fundamental para que a nosa biblioteca sexa un espazo dinámico e enriquecedor!

Espérovos!



20/1/26

NOVA EDICIÓN DA VOZ DO COLEXIO


 Bo día, Curuxiñalector@s!

Estou emocionada de anunciar que os nos@s xornalistas de 6ºA acaban de publicar unha nova edición da "Voz do Colexio".Este proxecto non só promove a comunicación e a expresión creativa, senón que tamén se alinea perfectamente co PDI que estamos levando a cabo.

A través desta publicación, o alumnado está a desenvolver habilidades de investigación, escritura e colaboración, fundamentais para fomentar a empatía e o coñecemento cultural. Animo a todos a ler a nova edición e a seguir contribuíndo con ideas e historias que enriquezan a nosa comunidade escolar.

Adiante, pequen@s! Estou orgullosa do voso traballo e espero ver moitas máis edicións no futuro.




19/1/26

NOVIDADES BIBLIOTECARIAS

 Ola, Curuxiñalector@s!

Xa temos aquí as novidades! Non dubidedes en vir á biblio! Están agardando por vós!

BUSCANDO ESTRATEXIAS PARA SUPERAR OS NOSOS MEDOS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

O pasado venres tivemos unha nova sesión dos Voadores de libros de 6ºB. A primeira misión consisitía en reflexionar sobre os seus propios medos, deixándoos plasmados nun papel. Deste xeito, entre tod@s, empatizaron e intentanron buscar estratexias de superación dos mesmos. Foi un luxo poder gozar deste momento, no que o sobresaían o compañeirismo e o respecto.



15/1/26

A ILLA DO AVÓ

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe tivemos a sorte de vivenciar unha sesión do Programa Espazo en familia, do Concello de As Pontes.

O alumnado de 4 anos escoitou o conto "La isla del abuelo". Nel fálase da relación entre Leo e o seu avó, tratando a perda, a lembranza, o dó...  a través dunha historia ben bonita.