Ola, Curuxiñalector@s!
Na nosa biblioteca seguimos facendo pequenos cambios para convertela nun lugar cada vez máis acolledor, práctico e atractivo para o alumnado. Nesta ocasión reorganizamos algúns espazos e creamos un recuncho fixo dedicado ás novidades lectoras. A partir de agora, toas as novas invorporacións á biblioteca terán un lugar especia e visible, facilitando que os nenos e nenas pidan descubrir rapidamente os últimos libros chegados ás nosas estanterías. Contos, novelas, cómics e álbums ilustrados estarán expostos neste espazo para espertar a curiosidade e animar a lectura. Ademais, aproveitamos para mellorar a distribución dalgúns materiais e facer da biblioteca un lugarmáis cómodo e dinámico, pensado para compartir historias, aprender e desfrutar da lectura.
Pouco a pouco, seguimos construíndo unha biblioteca viva e chea de aventuras!

No hay comentarios:
Publicar un comentario