Bo día, Curuxiñalector@s!
Na nosa Semana do Libro celebramos a maxia das lecturas con moita ilusión e pequenos agasallos para lembrar estes días tan especiais.
Todos os participantes do Bookface recibiron un diploma e un imán como recoñecemento á súa creatividade e colaboración. Ademais, os máis especiais levaron tamén un libro para seguir soñando entre páxinas.
E porque neste cole seguimos a nosa temática Cos pés na Terra, todos os nenos e nenas que participaron nas actividades programadas polo Día do Libro recibiron un lápiz plantable, un pequeno detalle cheo de vida e futuro.
Que vivan as lecturas, a imaxinación e o Día do Libro!

No hay comentarios:
Publicar un comentario