Bo día, Curuxiñalector@s!
No Día do Libro vivimos unha xornada moi especial chea de aventuras, pistas e moita ilusión. O alumnado de 6º converteuse en auténticos dramatizadores do conto O ladrón de flores, dando vida aos personaxes e creando un ambiente máxico para comezar a actividade.
A partir desta historia, organizamos catro estacións relacionadas co noso PDI e co libro, nas que o alumnado tivo que superar diferentes retos, resolver pistas e traballar en equipo. Cada proba permitiulles aprender, investigar e divertirse ao mesmo tempo, facendo da lectura unha experiencia dinámica e participativa.
Os maiores tamén gozaron dunha actividade moi especial: un xogo de orientación no que tiveron que poñer en práctica a súa capacidade de observación, orientación e cooperación para atopar as diferentes pistas escondidas.
Foi unha xornada fantástica na que os libros, o xogo e o traballo en equipo se uniron para celebrar a importancia da lectura dunha maneira diferente e moi divertida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario