21/4/26

COS PÉS NA TERRA... E TRAS O LADRÓN DE FLORES

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Estos días non paramos, estamos argallando unha nova representación polo Día do Libro, pensada con moito agarimo e relacionada co noso PDI, para os máis pequenos e pequenas do cole.

Este ano mergullámonos na historia de O ladrón de flores, un conto cheo de maxia, emoción e pequenas sorpresas que estamos desexando compartir convosco.

Grazas de corazón ás actrices e actor que se embarcan nesta nova aventura, poñendo ilusión, tempo e talento para facer que todo cobre vida enriba do escenario.

Moi pronto... máis novidades!



No hay comentarios:

Publicar un comentario