3/3/26

BOTES CHEOS DE PALABRAS QUE VOAN

 Bo día, Curuxiñalector@s!

No club de lectura de 6ºA seguimos deixando voar a nosa imaxinación. Nesta ocasión, despois da lectura da señorita Bubble, realizamos unha actividade creativa moi especial: elaboramos un marcapáxinas en forma de bote. No seu interior construímos un acróstico coas palabras Voador@s de Libros, porque así nos sentimos cada vez que abrimos unha nova historia: voador@s, explorador@s e descubridor@s de mundos.

Cada letra do acróstico agocha ideas relacionadas coa lectura, coa maxia e coa ciencia que tanto nos gusta nesta historia tan sorprendente. Igual que na obra, onde nada é exactamente o que parece, os nosos marcapáxinas tamén gardan un pequeno universo dentro.

Foi unha actividade moi divertida na que combinamos lectura, creatividade e traballo en equipo. O resultado? Uns botes únicos que nos acompañarán na nosas próximas aventuras lectoras.







No hay comentarios:

Publicar un comentario