31/1/26

XUNT@S CONTRA O ACOSO ESCOLAR: CELEBRANDO A DIVERSIDADE NO ESPAZO EN FAMLIA!

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Onte, no Espazo en Familia, realizamos unha importante actividade centrada no acoso escolar. O alumnado participou activamente, aprendendo sobre a importancia de respectar e apoiar aos seus compañeir@s. 

Despois da charla, levamos a cabo unha dinámica de grupo onde cada neno resaltou as características positivas dos demais. Foi un momento máxico que fomentou a empatía e a amizade, promovendo un ambiente escolar máis seguro e acolledor para tod@s. 

Xunt@s, construímos un futuro sen acoso, cos cés na terra: cada palabra conta.








No hay comentarios:

Publicar un comentario