Bo día, Curuxiñalector@s!
A experiencia vivida hoxe superou tdas as nosas expectativas. Dende o primeiro momento creouse un ambiente máxico no que a ilusión, os nervios e a emoción estaban moi presentes. O alumnado de 6ºA demostrou unha gran implicación, coordinación e sensibilidade á hora de transmtir a historia tanto coa voz como cos signos.
Foi especialmente bonito observar as reaccións do alumnado de infantil e 1º de E. Primaria. As súas miradas atentas, os sorrisos, os xestos intentando imitar algúns signos e os aplausos finais. A linguaxe bimodal permitiu que a comunicación fose máis rica e visual, facendo que a historia chegase dun xeto diferente e moi significativo. Non só se cantou dos contos, senón que se creou unha ponte entre idades, fomentando a colaboración, a responsabilidade e o respecto pola diversidade.
Rematamos a xornada cunha sensación moi positiva, convencidos e convencidas de que actividades como esta enriquecen a nosa comunidade educativa e axudan a construír unha escola máis inclusiva, empátiva e colaborativa.








No hay comentarios:
Publicar un comentario