Bo día, Curuxiñalector@s!
A profe Bea veu cargada de inspiración! Despois da enriquecedora xornada de biblioteca creativa en Santiago de Compostela, non quixo gardar para si todo o aprendido e decidiu poñelo en práctica de inmediato cos nenos e nenas de primeiro cun obradoiro de colaxe cheo de cor, imaxinación e creatividade.
O ambiente foi marabilloso: concentración, colaboración e moita ilusión. Algúns compartían recortes, outros pedían opinión aos compañeir@s, e todos gozaban do proceso. Foi unha experiencia moi enriquecedora e demostrou que a biblioteca pode ser un espazo vivo, cheo de posibilidades e soños por construír.







No hay comentarios:
Publicar un comentario