25/2/26

A BIBLIO COMO LABORATORIO DE IDEAS

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Éncantame vervos na biblioteca traballando nos vosos proxectos de investigación de textos e de escritura creativa. Cada vez que ocupades unha mesa con libros, apuntamentos e ideas, estades facendo moito más ca un traballo para clase: estades poñendo en práctica o espírito do plan PLEA. A biblio convértese así nun espazo clave, un lugar onde se fomenta o pensamento crítico, a autonomía e o gusto por ler e escribir. Aquí non só se fan tarefas; aquí medra a curiosidade, fórmanse lectores críticos e nacen escritoras e escritores con voz propia.

Seguide investigando, creando e soñando.







No hay comentarios:

Publicar un comentario