14/1/26

UN CONTO MOI ESPECIAL: O FÍO INVISIBLE

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe @s peques do cole tiveron a oportunidade de participar nun contacontos moi especial sobre o libro: O fío invisible. Esta máxica historia, fala sobre a conexión entre as persoas e como os lazos que creamos ao longo da vida son fundamentais para o noso benestar emocional. Esta mensaxe de amor e solidariedade resonou entre os nenos e nenas, participando activamente, e compartindo as súas propias experiencias e sentimentos sobre as amizades e as relacións familiares.
Despois do contacontos, debuxaron as súas conexións. Foi unha actividade chea de aprendizaxe e emoción, que seguro deixará unha pegada nos seus corazóns.
Moitas grazas ao concello por esta proposta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario