Bo día, Curuxiñalector@s!
Onte, tivemos a oportunidade de participar nunha sesión formativa sobre o uso correcto dos contedores de reciclaxe, organizada por Sogama e Ancaria. Durante a charla, aprendimos a importancia de separar correctamente os residuos e a contribución que cada un de nós pode facer para coidar do medio ambiente.
A sesión incluíu exemplos prácticos e actividades interactivas que nos axudaron a entender mellor como reciclar de maneira efectiva. Esperamos que esta formación inspire a todos a adoptar hábitos de reciclaxe máis responsables na nosa comunidade!


No hay comentarios:
Publicar un comentario