Ola,Curuxiñalector@s!
Hoxe tivemos unha nova sesión do club de lectura de 6º A, onde os Voador@s de Libros tiveron a oportunidade de desenvolver a súa imaxinación e creatividade. A actividade consistiu en debuxar a Nefertiti, a gata da señorita Bubble, un personaxe fascinante que captou a atención de tod@s.
Os rapaces e rapazas mergulláronse na historia e deixaron voar a súa inventiva, creando debuxos cheos de cor e personalidade. Foi unha experiencia divertida que non só fomentou a lectura, senón que tamén animou ao alumnado a expresar as súas ideas de xeito artístico.




No hay comentarios:
Publicar un comentario