Ola, Curuxiñalector@s!
Os nenos e nenas de 4 anos tiveron a sorte de escoitar unha emocionante narración sobre "Yaci y su muñeca". A historia, que fala sobre a importancia da amizade e a empatía, capturou a atención dos pequen@s, permitindo que se mergullaran na maxia da lectura.
Este conto non só entretivo, senón que tamén se alinea perfectamente cos obxectivos de cos pés na terra (PDI). A través do conto promoveuse valores de empatía e de convivencia, xa que a historia ensina sobre a importancia de comprender e respectar aos demais, fomentando un ambiente de colaboración na aula. A nena do conto atopa consolo e apoio na súa amiga Tartaruga, reforzando a idea de que as relacións son fundamentais en momentos de perda.
A protagonista xoga co que ten (unha boneca feita de mazaroca de millo) e aprende a adaptarse ao seu entorno. Isto concorda co mensaxe de "Yaci", onde a creatividade se converte en ferramenta para afrontar desafíos.
Con esta lectura, queremos incentivar non só a curiosidade literaria, senón tamén a reflexión sobre valores que son fundamentais na educación e na vida diaria.

No hay comentarios:
Publicar un comentario