Bo día, Curuxiñalector@s!
Estou emocionada de anunciar que xa temos na nosa biblioteca o libro "Mágicos Cupcakes", un relato fascinante ideado por Oriana. Nesta historia, os lectores acompañarán a Marco e Rubén, dous rapaces que inician unha investigación para descubrir os segredos que agocha unha misteriosa pastelería chamada Del Jardín.
Oriana, alumna do noso colexio, destaca por unha paixón innata pola creatividade e o arte. A súa capacidade para crear historias ambientadas en mundos cheos de fantasía augura un futuro brillante no eido literario.
Non perdades a oportunidade de mergullarnos nesta aventura máxica e descubrir que sorpresas agardan en cada cupcake!

No hay comentarios:
Publicar un comentario