12/9/25

VOLUNTARIADO COS PÉS NA TERRA E COMPROMETID@S COA NOSA VILA MAGDALENA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe foi un día moi especial na nosa biblioteca escolar. Celebramos a nosa esperada sesión de formación para voluntarios/as, un encontro cheo de ilusión, aprendizaxe e, sobre todo, moito compromiso coa lectura e co noso centro.

Durante a xornada, un grupo marabilloso de alumnos/as, dedicaron o seu tempo a coñecer de primeira man o funcionamento da nosa biblioteca. Exploramos xuntos/as os segredos da organización dos fondos, aprendemos técnicas para recomendar libros e descubrimos como podemos axudar a que a biblioteca sexa un espazo aínda máis acolledor e dinámico para todos/as.

O momento máis emotivo da xornada foi, sen dúbida, a sinatura do seu compromiso coa biblioteca. Un xesto simbólico pero moi poderoso, onde cada voluntario/a selou a súa vontade de colaborar, de compartir o seu tempo e de contribuír ao crecemento da nosa comunidade lectora.

Benvidos/as a bordo, equipo de voluntarios/as! Que comece esta gran aventura xuntos/as!



No hay comentarios:

Publicar un comentario