6/5/25

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO PORTADAS AO VIVO

 Ola, Curuxiñalector@s!

Hoxe tivemos un día moi especial para todos os participantes do noso concurso de portadas! Estamos encantados de anunciar que as gañadoras e participantes recibiron os seus agasallos, e foi un momento cheo de emoción e alegría.

Na nosa vila Magdalena cada un dos participantes demostrou unha gran creatividade e talento nas súas propostas. As portadas que crearon non só reflectiron a súa imaxinación, senón que tamén mostraron o cariño que senten pola lectura e a arte. Para nós, todos son gañadores e gañadoras!

Cada participante recibiu un diploma como recoñecemento ao seu esforzo e un chaveiro de creación propia, elaborado con recursos que temos no colexio. 

As gañadoras do concurso recibiron, ademais, un libro en galego! Esperamos que estas lecturas lles inspiren e acompañen nas súas futuras aventuras literarias.

Este concurso non só foi unha forma divertida de promover a lectura, senón tamén de fomentar a creatividade entre os noso alumnado e as súas familias. Cada porta aberta á imaxinación é unha oportunidade para aprender e crecer.

Queremos dar a grazas a todos os que participaron e contribuíron a facer deste concurso un éxito. En vila Magdalena animamos a todos e todas a seguir creando, lendo e soñando! 







No hay comentarios:

Publicar un comentario