Bo día, Curuxiñalector@s!
Hoxe os nenos e nenas de 5º de E.Primaria saíron da vila Magdalena para realizar unha visita ás instalacións do xornal o Progreso en Lugo. Como xa sabedes están moi interesados neste mundo e trimestralmente escriben, editan e envían a cada clase unha edición do seu xornal "A Voz da escola". Encántame ver o seu entusiasmo, sobre todo tendo en conta que se acerca a semana da prensa. Estade moi atentos porque haberá novidades periodísticas.
#QuentandoMotores para a #SemanaDaPrensa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario