21/3/25

DEIXANDO VOAR A IMAXINACIÓN NO CLUB DE LECTURA

 Ola, Curuxiñalector@s!

Hoxe quero compartir unha actividade moi orixinal que realizamos na nosa xuntanza. Trátase dun exercicio creativo no que lles entreguei aos nenos e nenas un debuxo inacabado e lles pedín que deixasen voar a súa imaxinación para completalo. 

Comezamos mostrando un debuxo parcialmente rematado. Era intencionadamente sinxelo, alusivo ás imaxes do libro con algunas liñas e formas básicas, pero con moito espazo para que cada voador/a puidese achegar o seu propio toque persoal.

Esta actividade recordoume o importante que é deixar voar a nosa imaxinación e non ter medo de ser creativos. Cada un ten unha perspectiva única que achegar ao mundo, e ao darlles esa liberdade, puiden ver  todo o que son capaces de crear.

Estou moi orgullosa de cada un deles e non podo agardar para ver que máis sorpresas nos trae a súa imaxinación. Sigamos creando xunt@s!


Que debuxariades se tiveses imaxinación?

#ObradoiroDeDebuxoCreativo

No hay comentarios:

Publicar un comentario