25/2/25

MANS A OBRA!

Ola, Curuxiñalector@s! 

Quen di que na nosa Vila Magdalena non traballamos? Estamos moi atarefados preparando todo para o entroido. Os nenos e nenas de 4º están cosendo os seus propios traxes, aproveitando todo o que aprenderon o curso pasado nos obradoiros de costura creativa. Este ano están ampliando os seus coñecementos no mundo téxtil iniciándose no uso da máquina de coser coa axuda das súas mestras. Que ben o fan! Quen sabe se entre estes pequen@s está unha nova Coco Chanel? 




#CosturaCreativa #AprendendoParaAVida #PolosCreativos


No hay comentarios:

Publicar un comentario