12/2/25

CIENTÍFIC@S CREATIV@S

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Xa estou a ver o ben que volo pasastes celebrando o día da Muller e a Nena na Ciencia. Os nenos e nenas de 6º de infantil realizaron dous experimentos:

O primeiro deles consistiu en recrear unha tormenta. Costoulles un pouquiño conseguilo pero non desistiron e como bos científic@s, lográrono!





O segundo que fixeron foi investigar que pasaba ao xuntar aceite e leite con colorante. Descubriron que ao botar o leite, este formaba puntiños cos que facer debuxos con pipetas sen que os dous produtos se xuntaran. 




Adiante coa ciencia! 

No hay comentarios:

Publicar un comentario