Bo día, Curuxiñalector@s!
Hoxe recibimos a visita do pai dunha nena do cole. Con moito cariño escribiounos un conto especialmente para nos. Quería explicarnos a importancia das distintas ferramentas usadas na medicina e o esenciais que son as vacinas. O conto en cuestión titúlase: ARIS, A ENFERMEIRA. Gustounos especialmente probar o pulsioxímetro e o fonendoscopio. Tamén aprendemos a facer unha vendaxe simple e levamos a nosa propia xiringa para casa. Seguro que nos será de moita utilidade! Tamén falounos sobre como o seu traballo se relaciona coa axenda 2030, no obxectivo 3 de saúde e benestar. Que relevante é estar sans e felices!
Sempre é un pracer recibir na nosa Vila Magdalena a #FamiliaNaEscola!
No hay comentarios:
Publicar un comentario