22/1/25

TIPS DE RECICLAXE NA VILA MAGDALENA

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Hoxe tivemos a sorte de recibir unha nova visita. A nai dunha nena de infantil veu explicarnos a importancia de reciclar os residuos apropiadamente para non danar a natureza coas nosas accións. Na vila Magdalena loitamos en prol dunha sociedade concienciada co coidado do medio ambiente tal e como nos din os obxectivos da axenda 2030. 


Moitas grazas por vir a falarnos da túa profesión. Aprendemos moitas cousas sobre obxectos que usamos e na nosa vida cotiá e como debemos reciclalos cando xa están estragadas. Que ben o pasamos! Sempre é un pracer recibir á #FamiliaNaEscola. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario