17/1/25

OBSERVATORIO CREATIVO

 Bo día, Curuxiñalector@s!

Esta semana os nenos e nenas de 3 anos foron investigar que lle acontence ao campo tras unha fría noite de inverno con moita xeada. Eu non saín do meu niño porque estaba un pouco constipada e deume moita pena perderme esta experiencia. Os pequenos e pequenas como son moi avispados trouxéronme unha mostra para que eu tamén puidera participar. Xa que estaban aquí fomos un pouco máis aló e usamos o microscopio da biblio para analizar máis en profundidade os efectos do frío. 

Como me gusta empregar os recursos da biblio, pero mellor ao quentiño. Verdade que facía moitísiiimo frío estes días? 






No hay comentarios:

Publicar un comentario