Bo día, Curuxiñalector@s!
O pasado luns 16 de decembro tivemos a primeira feira en Vila Magdalena. Un mercado de doces de nadal a cargo dos nosos cociñeiros e cociñeiras de infantil, que prepararon piruletas de oreo, turrón de chocolate e mantecadas polo módico prezo de 5 plumiñas por clase. Todos os produtos estaban boísimos. Noraboa a tod@s os pequen@s e aos seus mestr@s por tan fantástico traballo.
Como vedes na nosa vila gústanos desenvolver moitas habilidades relacionadas co espírito emprendedor, a creatividade e o consumo responsable tal e como nos pide a Axenda 2030 nos seus obxectivos para continuar fabricando ilusións.
Se pinchades na imaxe poderedes ver unha mostra desta feira! Pasámolo xenial!
No hay comentarios:
Publicar un comentario